Nudo gordiano

Xulio Xiz

LUGO

06 may 2024 . Actualizado a las 19:53 h.

Escoito que un político afirma que “aos xuíces non teñen que escóllelos os xuíces senón o pobo cos seus votos”. Espero que a afirmación berrada se referise a que, unha vez consigan ser xuices, superando estudos e probas pertinentes, as forzas políticas sexan as que decidan cales deses xuices resultan elevados a dignidades condicionadas pola política para gobernar temas xudiciais.

Coido que, aprobadas as leis, os xuices son os que teñen que aplicalas, e que aínda que o negro e o branco se fundan en grises, é imposible que un tema poida ter solución afirmativa ou negativa segundo o cristal co que mira quen xulga. Cando escoito que un xuiz é de tal ou cal tendencia política, pensó que é como cando un cura se declara homosexual ou hetero, xa que pola abstinencia debida é irrelevante unha tendencia que non poderá consumar.

Nun fallo civil xudicial desfavorable, cabe acudir a superior instancia sabendo que se o recurrente ten razón e os avogados saben defendela, pode sair victorioso. O problema está no Tribunal que ten que decidir se as leis do goberno de turno encaixan na Constitución. Aquí, aínda que aos profanos nos parecen“fabas contadas”, resulta que as posturas xudiciais están condicionadas pola política , e sabendo que se xogan o control lexislativo, os partidos maioritarios queren dominar a institución. Psoe e PP apretan cada vez máis o nudo por estimar que niso vailles o futuro, convertindo a solución do tema nun nudo gordiano, sen e ntender que a solución está en afloxar os extremos das cordas, e non nun corte como o que a lenda afirma que Alexandre o Magno deu para solucionar algo irresoluble.